17 ago 2011

REMATA A VOLTA AO MUNDO!!


No día de onte fixemos a festa de despedida (nada máis chegar de dar a Volta ao Mundo) no Concello de O Porriño! Viñeron Willy Fog, Romi, Rigodón e as autoridades, e xuntos despedimos ésta exitosa aventura. Agora, haberá que esperar ata o próximo verán para poder desfrutar dunha nova aventura xuntos! Vos esperamos!

11 ago 2011

Día 11 - Brasil, Arxentina e Uruguai !

Cada vez queda menos para rematar ésta volta ao mundo, e hoxe foi unha mañá moi completa, xa que con cada monitor viaxamos a un país distinto!! Atenea nos levou primeiro a Arxentina, coñecimos a súa capital, Buenos Aires, e un pouco da cultura do país... os tangos, cumbias e murgas, o seu equipo de fútbol e os alfajores incluídos!!

Pouco despois con Aldo estivemos en Uruguai, paisiño quince veces máis pequeno que España pero de gran relevancia cultural e moi bonita para visitar, con costumes moi parecidos aos arxentinos e aprendimos a diferenciar un bó asado uruguaio dun cocido galego; éstes dous países están separados polo Río de la Plata, e ao Norte, polas cataratas do Iguazú, das que vimos un pequeno vídeo con tucáns, mapaches e as propias cataratas que son espectaculares.

Sarai puidemos coñecer algo de Brasil, coma a samba, os carnavais (que son case tan importantes coma os de Xinzo!) o enorme río Amazonas e a súa selva, e as cidades máis importantes... Todo o Cono Sur nunha mañá... acabamos agotados!

Como taller montamos cabañas indias con banderita, decoradas por cada un, e no recreo houbo un éxito espontáneo: o deseño de camisetas, cuns planteis que moi amablemente Antía nos cedía! Todo o mundo se puxo a deseñar roupa para poder presumir polo mundo adiante!

E xa por último fixemos un montón de xogos de auga no patio e unha ximcana, onde non quedou ninguén no dique seco!!

10 ago 2011

Día 10 - Visita ao Zoo!

Qué gran día pasamos no zoo! Comezou a visita cun percorrido guiado por un experto do zoo no que nos explicou todas as curiosidades dos animais que vimos: cigüeñas, cisnes, grullas, ñús, cervos, unha loba, monos, aguias, dúas preciosas tigresas siberianas, unha parella de leóns moi imponentes, unha pantera, osos pardos, búfalos, llamas...


Un momento moi interesante foi cando o guía nos deu a coñecer cornos de ñús, cervos, búfalos, etc. e todos puidemos observar o que poden a chegar unhas enormes armas para defenderse na selva!

Pouco despois, desfrutamos da merenda na caseta xusto a carón dos leóns, que non eran nada madrugadores, xa que durmiron plácidamente até as doce do mediodía!

Unha vez rematada a merenda, puidemos ver con máis calma algúns animais que quedaran sen ver e pasamos ao Reptilario, onde había unha enorme tartaruga, moitísimas serpes e lagartos coma os geckos, varanos ou Dragóns de Komodo. O máis guapo da sala, sen dúbida, era un enorme camaleón de colores moi vivos.

E para rematar, unha visita á sala dos animais venenosos coma as arañas, escorpións ou algún tipo especial de serpe como a albina, moi raras de ver.

¡E xa me esquecía! Antes de saír, entramos ao mariposario, unha pequena sala adaptada para a cría de mariposas, pero facía moitísimo calor e como nos contou unha veterinaria, nesta época xa quedaban poucas, de feito atopamos unha preciosa, de enormes alas e moi coloridas, ferida no chan, e coa axuda da veterinaria puido volver a voar.


E depois de todo isto, volta á casa! Xa queda pouco para rematar a Volta ao Mundo... e mañá pasaremos o día en América Latina!!!

9 ago 2011

Día 9 - Hello Australia / Nueva Zelanda !!

No día de hoxe partimos moi cedo a visitar aos nosos compañeiros de Mos, e unha vez alí amosámoslles a nosa "Haka", baile típico intimidatorio de Nueva Zelanda, adaptada ao noso campamento, que quedou impresionante!
Falamos un pouco do propio país dos "kiwis" e sobretodo tamén de Australia, a onde iríamos pouco despois... pero antes de partir apareceu Willy Fog! Bailamos, cantamos e rimos con el (e tamén aproveitamos para representar ante un público máis grande a obra teatral que o día anterior o grupo de Atenea preparou con moito xeito), antes de que el partise a seguir dando voltas polo Mundo con Rigodón e Romi e nós partísemos cara as antípodas: Australia!


Coñecimos de primeira man as rexións da enorme illa principal de Australia, as cidades de Sidney, Camberra e Melbourne, os desertos e os cañóns, os ríos, as enormes praias e tamén os cantís que semellan os nosos. O que máis nos impresionou foron os grandes cocodrilos, os saltimbanquis kanguros e os koalas, que logo retrataríamos nunhas caretas que quedaron espectaculares.E para rematar un día completísimo... ximkana de auga!
Ninguén quedou seco nunha batería de xogos de auga con mangueira, globos e piscina incluídos.

8 ago 2011

Día 6 - Camiño de Santiago... ata Xapón !!

Neste luns 8 de agosto, sexto día na nosa aventura, e primeiro despois dun moi aproveitado fin de semana, fixemos un montón de cousas!

Como dicíamos, cada un aproveitou o finde á súa maneira, e xa que o noso compañeiro de viaxe Aarón fixo o Camiño de Santiago desde O Cebreiro nestes tres días, fixemos unha pequena viaxe por éste percorrido de tanto valor histórico e emocional na nosa terra.


Coñecimos a historia do Apóstol Santiago, o lugar onde foi enterrado (onde agora xace a Catedral) e os posibles camiños desde distintos puntos da xeografía española. Fixemos unhas cuncas de peregrinos coa cruz do Apóstol e tamén un mural conmemorativo, como xa é costume, para decorar o noso campamento base! (E incluso fixemos un botafumeiro!!!).


Despois de todo isto, e tras tomar a merenda, viaxamos ata moi moi lonxe... as antípodas! Xapón, o país das illas asiáticas que está xusto fronte a China, onde estivemos onte. Alí coñecimos os seus costumes, un pouco de xaponés (xa que tiñamos as bases do chinés mandarín, aínda adiantamos bastante!), un pouco da súa capital, Tokio... E incluso saímos a pescar para facer Sushi... pero sen bombonas de oxíxeno!! Foi moi difícil pero quedaron poucos atúns vivos!!

Logo coñecimos a historia dos kamikazes e nos fixemos unhas bandas para a cabeza con motivos xaponeses, que quedaron preciosas! e despois de todo isto, houbo un montón de xogos, ximkanas deportivas, etc...



Antes de rematar, o cartel conmemorativo de Xapón e unha boísima sorpresa... Os maiores tiñan preparada unha preciosa obra teatral de ofrendas ao Apóstol Santiago no que os peregrinos viñan de sitios tan tan lonxe como Xapón, e pedían ofrendas como a paz do mundo, o amor e a amizade...!

E mañá, baixaremos un pouco ata chegar a Oceanía!

S A Y O N A R A ! !


5 ago 2011

Día 5 - 你 好 CHINA!!

Hoxe foi un día completísimo!! A primeira hora, collimos o “subanempujenestrujenbajen” camiño a Mos, onde recollimos aos compañeiros e compañeiras daquel campa para viaxar até... CHINA!!!

Coñecimos as cousas básicas de China, catro palabras en mandarín, a historia da Gran Muralla, os carnavais, a Cidade Prohibida de Pekín, as montañas máis altas do Mundo que están no Himalaya... E despois de practicar unha danza chinesa, recibimos unha grata visita: o famoso cociñeiro Gordinflón!! Que veu para ensinarnos que non só hai arroz con palillos no seu país!! Así que entre todos, preparamos unha gran masa e fixemos galletas da sorte!


Unha vez que a comida estaba no forno, fixemos un montón de xogos coma o dragón cego, o pañoliño, os bolos, etc... Non sen antes adornar e selar os nosos Pasaportes!!

Por último, xa no campamento base de Porriño, dibuxamos postais de China para decorar as paredes!! E con isto rematamos un día cansadísimo, e agora toca fin de semana para descansar e repoñer forzas... para seguir viaxando!! Ata o luns... 再 见 !!



4 ago 2011

Día 4 - Navegando polo Louro

Día intensísimo para as pequenas e pequenos viaxeiros porriñeses! A primeira hora, non estábamos desperezad@s aínda cando por sorpresa apareceu Willy Fog a animarnos nunha nova expedición.

Din que non se pode coñecer o Mundo sen coñecer a túa terra, así que hoxe, despois de confeccionar as pancartas conmemorativas de Senegal, visitamos o río Louro, nun entorno natural precioso e onde @s rapac@s disfrutaron da natureza e fauna (aínda que faltaron os esperados patiños!!!) do río que orixinou o Val onde agora vivimos!!


E máis tarde, na viaxe de volta ao campamento base, @s exploradores foron recoñecendo árbores e flores, e recollendo mostras (caídas no chan, por suposto!!!) para un enorme mural sobre o río porriñés.
E despois de tanta aventura, chegamos a casa cansadísim@s, e o importante agora é descansar porque... mañá nos espera a Gran Muralla China!! Atá entón...!

3 ago 2011

Día 3 - Bonjour Senegal! - Visita al continente africano.


No día de hoxe, @s aventureir@s porriñeses, xunto aos compañeiros do campamento de Mos, cruzaron o estreito de Xibraltar e seguindo o trazado do rally París - Dakar chegaron até a capital de Senegal, onde coñeceron de primeira man a cultura do país de África occidental. Practicaron o francés para comunicarse cós habitantes autóctonos, que viven en grandes tribus cheas de cabañas. O río Senegal e a súa selva, as vestimentas de grandes túnicas e tamén as preciosas máscaras chamaron a atención d@s máis pequen@s, que a partires de hoxe xa coñecen un país máis.

Para impregnarse da cultura senegalesa, @s rapaces/as fixeron abalorios típicos daquela terra, como pulseiras ou collares con xoias, e despois dun merecido descanso (en África hai moito calor!!) se reuníron para escoitar historias e lendas africanas, como a da avestruz egocéntrica que foi salvada por un cocodrilo do que se burlara anteriormente, e resolveron o enigma de onde morren os elefantes. Xa de volta en Porriño, estiveron preparando a saída de mañá polo precioso paseo do río Louro, afluente do río Senegal, onde farán xogos en plena natureza e coñecerán un pouco máis das culturas africanas con exemplos da nosa terra. Até entón, au revoir!!


2 ago 2011

Día 2 - Wilkommen in Deustchland / Bienvenidos a Alemania!!



No día de hoxe, @s pequen@s aventureiros cruzaron os Pirineos e tras pasar rápidamente por Francia aparcaron o autobús (ou "subanempujenestrujenbajen" en alemán) ao chegar a Berlín!
Alí aprenderon un pouco do seu complicado idioma, coñeceron a historia do muro que durante anos dividiu a capital xermana e tamén a sua Porta de Brandemburgo.


Para as actividades e de cara ao que resta de campamento, @s aventureir@s dividíronse en dous equipos para traballar mellor, e así @s Trotamundos e @s Exploradores pasaron polo taller de cociña para preparar riquísimos frankfurts e zumos, e logo no taller de cerámica construíron miniaturas da Porta de Brandemburgo, monedas alemanas anteriores ao euro, flores e cuncas. Deixando constancia de todo isto nos seus novos e flamantes "Pasaportes" que seguirán engordando co paso dos días! Até entón, "auf wiedersehen"!!!

1 ago 2011

Día 1 - Presentación e despedida antes de partir na viaxe


Os 18 viaxeiros porriñeses que comezaron a volta ao Mundo no día de hoxe recibiron gratas sorpresas para preparar a súa viaxe, que comezará mañá percorrendo Europa. Estivo presenteWilly Fog; o carismático viaxeiro volcouse coa preparación da viaxe aconsellando aos pequenos aventureiros, pero non foi esta a única sorpresa, xa que o campamento do Colexio Antonio Palacios recibiu a media mañá a visita do alcalde do municipio, o señor Nelson Santos, que acompañado pola concelleira de educación Ana Martínez e o edil José Manuel Jacobo, non quixeron faltar á cita desexándolles toda a sorte do Mundo antes de partir nesta osada aventura, e citándose de novo para celebrar con todos os honores a volta dos viaxeiros o próximo martes 16, cando van ser recibidos de novo polo equipo de goberno na Praza Arquitecto Antonio Palacios.

Agora, con todos os preparativos rematados, a expedición está lista para partir mañá atravesando Europa até chegar a Alemania, onde pasarán a primeira xornada degustando pratos típicos bávaros e coñecerán os monumentos e rasgos culturais máis representativos do país xermánico. Seguiremos informando desde alí.

A última hora da mañá, os medios tamén pasaron polo Colexio a recoller as imaxes previas á saída, recollendo VIAR TV a seguinte reportaxe para o seu noticieiro: (Clic no link).

26 jul 2011

Saída da Volta ao Mundo


Desde o vindeiro luns en adiante o grupo de rapaces e rapazas do Porriño visitará en pouco tempo un montón de países e culturas, coñecendo un pouco de cada forma de vida, percorrendo mares e océanos como fixera primeiro o noso querido Willy Fog, que vainos guiar e aconsellar de cara a tan arriscada aventura.
A carta náutica aínda non está ben definida, pero o luns comeza a aventura no Porriño e quén sabe onde rematará!