1 ago 2011

Día 1 - Presentación e despedida antes de partir na viaxe


Os 18 viaxeiros porriñeses que comezaron a volta ao Mundo no día de hoxe recibiron gratas sorpresas para preparar a súa viaxe, que comezará mañá percorrendo Europa. Estivo presenteWilly Fog; o carismático viaxeiro volcouse coa preparación da viaxe aconsellando aos pequenos aventureiros, pero non foi esta a única sorpresa, xa que o campamento do Colexio Antonio Palacios recibiu a media mañá a visita do alcalde do municipio, o señor Nelson Santos, que acompañado pola concelleira de educación Ana Martínez e o edil José Manuel Jacobo, non quixeron faltar á cita desexándolles toda a sorte do Mundo antes de partir nesta osada aventura, e citándose de novo para celebrar con todos os honores a volta dos viaxeiros o próximo martes 16, cando van ser recibidos de novo polo equipo de goberno na Praza Arquitecto Antonio Palacios.

Agora, con todos os preparativos rematados, a expedición está lista para partir mañá atravesando Europa até chegar a Alemania, onde pasarán a primeira xornada degustando pratos típicos bávaros e coñecerán os monumentos e rasgos culturais máis representativos do país xermánico. Seguiremos informando desde alí.

A última hora da mañá, os medios tamén pasaron polo Colexio a recoller as imaxes previas á saída, recollendo VIAR TV a seguinte reportaxe para o seu noticieiro: (Clic no link).

No hay comentarios:

Publicar un comentario