10 ago 2011

Día 10 - Visita ao Zoo!

Qué gran día pasamos no zoo! Comezou a visita cun percorrido guiado por un experto do zoo no que nos explicou todas as curiosidades dos animais que vimos: cigüeñas, cisnes, grullas, ñús, cervos, unha loba, monos, aguias, dúas preciosas tigresas siberianas, unha parella de leóns moi imponentes, unha pantera, osos pardos, búfalos, llamas...


Un momento moi interesante foi cando o guía nos deu a coñecer cornos de ñús, cervos, búfalos, etc. e todos puidemos observar o que poden a chegar unhas enormes armas para defenderse na selva!

Pouco despois, desfrutamos da merenda na caseta xusto a carón dos leóns, que non eran nada madrugadores, xa que durmiron plácidamente até as doce do mediodía!

Unha vez rematada a merenda, puidemos ver con máis calma algúns animais que quedaran sen ver e pasamos ao Reptilario, onde había unha enorme tartaruga, moitísimas serpes e lagartos coma os geckos, varanos ou Dragóns de Komodo. O máis guapo da sala, sen dúbida, era un enorme camaleón de colores moi vivos.

E para rematar, unha visita á sala dos animais venenosos coma as arañas, escorpións ou algún tipo especial de serpe como a albina, moi raras de ver.

¡E xa me esquecía! Antes de saír, entramos ao mariposario, unha pequena sala adaptada para a cría de mariposas, pero facía moitísimo calor e como nos contou unha veterinaria, nesta época xa quedaban poucas, de feito atopamos unha preciosa, de enormes alas e moi coloridas, ferida no chan, e coa axuda da veterinaria puido volver a voar.


E depois de todo isto, volta á casa! Xa queda pouco para rematar a Volta ao Mundo... e mañá pasaremos o día en América Latina!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario