9 ago 2011

Día 9 - Hello Australia / Nueva Zelanda !!

No día de hoxe partimos moi cedo a visitar aos nosos compañeiros de Mos, e unha vez alí amosámoslles a nosa "Haka", baile típico intimidatorio de Nueva Zelanda, adaptada ao noso campamento, que quedou impresionante!
Falamos un pouco do propio país dos "kiwis" e sobretodo tamén de Australia, a onde iríamos pouco despois... pero antes de partir apareceu Willy Fog! Bailamos, cantamos e rimos con el (e tamén aproveitamos para representar ante un público máis grande a obra teatral que o día anterior o grupo de Atenea preparou con moito xeito), antes de que el partise a seguir dando voltas polo Mundo con Rigodón e Romi e nós partísemos cara as antípodas: Australia!


Coñecimos de primeira man as rexións da enorme illa principal de Australia, as cidades de Sidney, Camberra e Melbourne, os desertos e os cañóns, os ríos, as enormes praias e tamén os cantís que semellan os nosos. O que máis nos impresionou foron os grandes cocodrilos, os saltimbanquis kanguros e os koalas, que logo retrataríamos nunhas caretas que quedaron espectaculares.E para rematar un día completísimo... ximkana de auga!
Ninguén quedou seco nunha batería de xogos de auga con mangueira, globos e piscina incluídos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario