8 ago 2011

Día 6 - Camiño de Santiago... ata Xapón !!

Neste luns 8 de agosto, sexto día na nosa aventura, e primeiro despois dun moi aproveitado fin de semana, fixemos un montón de cousas!

Como dicíamos, cada un aproveitou o finde á súa maneira, e xa que o noso compañeiro de viaxe Aarón fixo o Camiño de Santiago desde O Cebreiro nestes tres días, fixemos unha pequena viaxe por éste percorrido de tanto valor histórico e emocional na nosa terra.


Coñecimos a historia do Apóstol Santiago, o lugar onde foi enterrado (onde agora xace a Catedral) e os posibles camiños desde distintos puntos da xeografía española. Fixemos unhas cuncas de peregrinos coa cruz do Apóstol e tamén un mural conmemorativo, como xa é costume, para decorar o noso campamento base! (E incluso fixemos un botafumeiro!!!).


Despois de todo isto, e tras tomar a merenda, viaxamos ata moi moi lonxe... as antípodas! Xapón, o país das illas asiáticas que está xusto fronte a China, onde estivemos onte. Alí coñecimos os seus costumes, un pouco de xaponés (xa que tiñamos as bases do chinés mandarín, aínda adiantamos bastante!), un pouco da súa capital, Tokio... E incluso saímos a pescar para facer Sushi... pero sen bombonas de oxíxeno!! Foi moi difícil pero quedaron poucos atúns vivos!!

Logo coñecimos a historia dos kamikazes e nos fixemos unhas bandas para a cabeza con motivos xaponeses, que quedaron preciosas! e despois de todo isto, houbo un montón de xogos, ximkanas deportivas, etc...



Antes de rematar, o cartel conmemorativo de Xapón e unha boísima sorpresa... Os maiores tiñan preparada unha preciosa obra teatral de ofrendas ao Apóstol Santiago no que os peregrinos viñan de sitios tan tan lonxe como Xapón, e pedían ofrendas como a paz do mundo, o amor e a amizade...!

E mañá, baixaremos un pouco ata chegar a Oceanía!

S A Y O N A R A ! !


No hay comentarios:

Publicar un comentario